Éxito de participación e público na celebración da 7ª proba do III Campionato Galego Inclusivo organizado polo Club Deportivo Sen Amarras e a Federación Galega de Motonáutica e que nesta ocasión tivo como escenario o río Miño e o Espazo Fortaleza de Goián, en Tomiño.
Para a organización desta proba contouse ademais coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputació de Pontevedra, do Concello de Tomiño, da Confederación Naval do Miño e da Armada.
Dende a organización queren agradecer o gran labor da Comandancia Naval do Miño, que garantiu a seguridade de todas as persoas participantes durante a proba, así como das e dos voluntarios de Protección Civil pola súa asistencia sanitaria.