O club deportivo Sen Amarras vén de impartir un curso de licencia de navegación, no que todas as persoas participantes amosaron as súas habilidades aos mandos dunha lancha motora adaptada. A pesar do mal tempo, todas e todos os participantes desfrutaron desta actividade, previa á celebración de unha nova proba do III Campionato Galego Inclusivo.