Quen somos
O Club Deportivo Sen Amarras nace co obxectivo de facer partícipes ás persoas con discapacidade do deporte náutico, creando actividades integradas que fomenten o deporte turístico e de base e a competición en igualdade de condicións. Trátase de achegar e adaptar o río ás persoas con discapacidade, xa que o río en si mesmo non ten ningún obstáculo que impida que desenvolvan actividades nel.
Como entidade, unha das nosas prioridades é o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas, así como a participación en actividades e competicións deportivas calquera que sexa o seu nivel e destinatario.
Entre las modalidades deportivas que se realizan dentro do club están, por exemplo, o remo, o piragüismo, os deportes aéreos, a motonáutica, a vela, a pesca deportiva, a natación e o submarinismo, aínda que tamén levamos organizado:
- Rutas náuticas polo Baixo Miño, Boiro, a ría de Vigo ou o río Verdugo, entre outras.
- Encontros de patróns na ría de Vigo ou no río Miño.
- Cursos de licenza de navegación.
- Encontro de embarcacións tradicionais en Boiro.
- I Slálom Integrador en Tomiño.
- Campionato Galego Inclusivo.